Actualización do marco normativo en relación co estado de alarma

Actualización do marco normativo en relación co estado de alarma

O 23 de abril publicouse un documento normativo para as ensinanzas de réxime especial, que establece un marco de traballo ante a situación de estado de alarma.

Despois da publicación o 21 de abril da Orde marco do ministerio (Orden por la que se adoptan medidas excepcionales en materia de flexibilización de las enseñanzas de formación profesional del sistema educativo y de las enseñanzas de régimen especial), a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa publicou o 23 de abril na súa web a seguinte:

Resolución pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial