Acceso curso 2023-24
Xa saíu publicada no DOG a resolución que dita as instrucións para o acceso ás ensinanzas superiores de conservación e restauración para o próximo curso 2023/2024.
Compártese a continuación un resumo dos puntos máis importantes:
PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE
Prazo:
– ata o 22 de maio para o alumnado que non ten a titulación esixida e polo tanto vai a realizar a proba substitutiva do requisito de titulación.
– ata o 26 de xuño, para o alumnado que ten a titulación necesaria para o acceso.
Con carácter xeral, as solicitudes cubriranse de maneira telemática entrando no seguinte enlace https://www.edu.xunta.es/eas, empregando o certificado dixital ou a chave365.
Para completar o proceso de inscrición, deben presentar unha copia da solicitude xunto con toda a documentación na secretaría da escola en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00.
Tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na secretaría da escola.
Documentación a presentar:
– Copia DNI, NIE ou pasaporte
– Pago da taxa* (64€) ou documento xustificativo da exención (título de familia numerosa, certificado de discapacidade …)
– Documentación académica que corresponda:
– Título de bacharelato ou certificado académico con indicación de materias pendentes.
– Certificación de ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 años
– Título de ensinanzas artísticas superiores
– Título universitario.
– Título de técnico superior.
– Certificado de superación da proba substitutiva do requisito de titulación correspondente a convocatorias anteriores
– título de tecnico superior en artes plásticas e deseño (teñen acceso directo, pero deben formalizar igualmente a inscripción)
PROBA QUE SUBSTITÚE O REQUISITO DE TITULACIÓN
- 24 de maio: Publicación da listaxe provisional de inscritos, admitidos e excluídos.
- 25 e 26 de maio: Reclamación contra dita listaxe.
- 29 de maio: Publicación da listaxe definitiva de admitidos e excluídos.
- 30 de maio: Realización da proba no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
- 2 de xuño: Publicación das cualificacións provisionais.
- 5 e 6 de xuño: Reclamación das cualificacións.
- 9 de xuño: Publicación das cualificacións definitivas.
Unha vez superada a proba que substitúe o requisito de titulación terá que realizar a proba de acceso
PROBA ESPECÍFICA DE ACCESO OS ESTUDOS SUPERIORES DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN
- 28 de xuño: Publicación da listaxe provisional de inscritos, admitidos e excluídos.
- 29 e 30 de xuño: Reclamación contra dita listaxe.
- 3 de xullo: Publicación da listaxe definitiva de admitidos e excluídos.
- 4 de xullo: Proba de acceso.
- 7 de xullo. Publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba de acceso específica.
- 17 de xullo. Adxudicación de prazas.
- 18 – 21 de xullo. Matrícula.