Acceso curso 2020-21

Acceso curso 2020-21

A Orde que regula o acceso ós estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais publícase dende a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, normalmente no mes de abril.

Por mor da emerxencia sanitaria provocada polo Covid19 esta información aínda non está dispoñible. Cando se publique a Orde que organiza o acceso ó curso 2020-21 darémoslle difusión a través da nosa web e redes sociais e avisaremos por correo electrónico ás persoas interesadas en ser informadas por esta vía (deben solicitalo dirixindo un correo a escola.conservacion.galicia@edu.xunta.es).

Ó longo do curso recibimos na Escola a visita de persoas interesadas en estudar aquí. Dadas as limitacións actuais, convidamos a resolver por correo (acceso@escolaconservacion.gal) ou teléfono (886 15 97 35) calquera tipo de consulta.

Para as persoas que desexen ver o centro, ofrecemos dous pequenos vídeos que aportan información sobre a Escola, a formación e algunhas das actividades e programas que se levan a cabo:

Vídeo 1: A Escola

Vídeo 2: Programa Erasmus

Na web hai dispoñible información xeral de interese respecto ó sistema de acceso:

-Requisitos de acceso

-Proba de acceso: exemplos

Estudantes procedentes de plan LOXSE

-Traslado de expediente