Acceso curso 2019-20
Xa está publicada no Diario Oficial de Galicia a Orde que informa do procedemento para o acceso ó curso 2019-20 na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
O calendario é o seguinte:
–Matrícula nas probas de acceso: ata o 7 de xuño.
A inscripción este ano pode ser presencial ou telemática, a través do portal: https://www.edu.xunta.es/reximeespecial/
-Proba de acceso: 4 de xullo.
Na nosa web hai exemplos das probas realizadas noutras convocatorias.
Preme aquí se queres información sobre traslados de expediente.
As persoas interesadas no acceso para titulados do anterior plan de estudos poden consultar aquí a información de interese.
Para solucionar dúbidas/outras consultas:
Teléfono: 886 15 97 35
Correo: escola.conservacion.galicia@edu.xunta.gal
Na Escola: Rúa Xeneral Martitegui s/n. Pontevedra