A ESCRBBCCG, recoñecida pola súa cooperación coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia foi distinguida no Acto do Día Mundial do Doante de Sangue pola súa cooperación na difusión e promoción das campañas de doazón da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue.
Carmen Lorenzo Rivera, directora do centro, recolleu o premio en representación da comunidade educativa da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
O acto tivo lugar o venres 14 de xuño na Cidade da Cultura e foi presidido por Dna. Marisa López García, Directora de ADOS, e o Conselleiro de Sanidade, D. Jesús Vázquez Almuiña.
A entrega do premio na categoría de Centros de Ensino Universitario estivo a cargo de D. Jesús Oitavén Barcala, Secretario Xeral Técnico da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Como centro educativo, é unha honra e un orgullo ser distinguidos con este galardón. A Escola, á súa vez, agradece a extraordinaria labor que leva a cabo ADOS para a mellora da esperanza e a calidade de vida de miles de persoas, así coma a xenerosidade e solidariedade de quen, dende o anonimato, colabora coa súa doazón.