A Escola forma parte de ENCoRE

A Escola forma parte de ENCoRE

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia forma xa parte de ENCoRE.

ENCoRE, European Network for Conservation-Restoration Education celebrou a XIII Asamblea Xeral os días 26 e 27 de novembro de 2020. Nesta reunión anunciouse a inclusión da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia coma membro do grupo, culminando un proceso que comezou en 2019 coa visita do seu presidente, Wolfgang Baatz, e de Nico Broers, membro da dirección, e que foi demorado a causa da crise sanitaria.

ENCoRE é unha organización formada por institucións de educación superior no campo da conservación-restauración formada por 41 membros de pleno dereito e 1 membro asociado, ademáis de contar con 26 institucións do ámbito da protección do patrimonio que están vinculadas coma socias.

O seu obxectivo principal é o fomento da investigación e da educación no campo da conservación e restauración do patrimonio cultural, seguindo como referencia as recomendacións das Directrices Profesionais da Organización da Confederación Europea de Conservadores-Restauradores E. C. C.O. e o Documento de Pavía de 1997.