A biblioteca do IPCE visita a biblioteca da ESCRBCG

A biblioteca do IPCE visita a biblioteca da ESCRBCG

Recentemente levouse a cabo a primeira das sesións docentes do plan de formación do profesorado deste curso, especificamente adicado á biblioteca. O mércores día 15 de xaneiro puidemos contar coa presenza dunha entusiasmada bibliotecaria namorada do seu traballo, Paula Sánchez, xefa de sección da biblioteca do Instituto do Patrimonio Cultural de España, máximo referente no ámbito da conservación e restauración do patrimonio cultural.

A sesión foi altamente produtiva, ademais de moi motivadora e intensa, e esperamos contar con ela para a seguinte sesión.

Esta formación insírese no plan de formación de profesorado da ESCRBCG para o curso 2024-2025, no que oito membros do profesorado fixeron un grupo de traballo coa finalidade de “repensar” moitos aspectos de mellora. Entre eles, poñer en marcha o almacén da escola como futuro depósito útil da biblioteca, dado o reducido dos actuais espazos de lectura e o importante aumento dos fondos. O obxectivo último é mellorar o servizo que ofrece a biblioteca e poñer en valor os fondos que nos foron doados e dos que estamos tan agradecidos.

De seguro que contando con axudas como a de Paula, e cun profesorado tan motivado, pronto poderedes gozar das novas melloras!