Visita do Ateneo de Manila University
Grazas ó consorcio CARTES, hoxe recibimos a tres profesoras do “Ateneo de Manila University”
(Filipinas), en concreto Smile M. Indias (Department of Fine Arts – Design), Nathalie Dagmang (Art and Cultural Anthropology) e Clarice Juliane P. Ira (Office of International Relations). Durante a súa visita ás aulas e laboratorios do centro puidemos intercambiar moitas ideas sobre a relación entre as artes e a conservación-restauración, así como explorar a posibilidade de futuras mobilidades de alumnado e profesorado de ambos centros. Ademais, tamén tivemos a oportunidade de falar un pouco sobre o contexto cultural común que segue vencellando Filipinas e España / Galicia a pesar de estar nas antípodas do planeta. Unha visita moi breve pero unha experiencia moi agradable! Agardamos que disfruten da súa estancia en Galicia e das súas visitas ó Museo de Pontevedra, á Catedral de Santiago e ó Pórtico da Gloria nos próximos días.