27 de xaneiro: Día dos/as profesionais CR

27 de xaneiro: Día dos/as profesionais CR

Un ano máis, celebramos o Día dos profesionais da Conservación Restauración.

Este evento vénse celebrando en coordinación con ACRE Asociación de Conservadores Restauradores de España dende o ano 2017 para destacar o Día dos/as profesionais da Conservación Restauración, data decidida durante o XVII Congreso Internacional de Conservación e Restauración de Bens Culturais celebrado en Granada en 2011. O día elixido foi o 27 de xaneiro, en honra á data de nacemento de Viollet-le-Duc (París, 27 de xaneiro de 1814-Lausana, 17 de setembro de 1879), escritor e arquitecto que adicou a maior parte da súa actividade profesional ao patrimonio.

Esta celebración lévase a cabo nas redes sociais, e busca animar a profesionais, estudantes, e tamén institucións relacionadas coa protección do patrimonio cultural, a participar en consoancia cos temas propostos.