Xornada do patrimonio cultural albanés

Xornada do patrimonio cultural albanés

O 11 de abril celebraremos a “Xornada do Patrimonio Cultural Albanés“, na que unha ampla delegación de profesores e persoal de institucións albanesas compartirán interesante información do patrimonio do seu país como situación, proxectos ou intervencións concretas.

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia recibiu o ano pasado financiamento para un proxecto Erasmus+ KA107 con Albania.

As institucións albanesas participantes son a Universidade das Artes de Tirana, o Instituto Albanés de Arqueoloxía, a Dirección Rexional de Patrimonio Cultural de Vlorë, a Galería Nacional de Artes de Tirana e o Instituto de Monumentos do Ministerio de Cultura.

Nesta xornada profesionais de diversos ámbitos das dúas institucións compartirán a súa visión e experiencias vinculadas á protección do patrimonio cultural albanés.

A entrada é libre ata completar o aforo.

Consulta o programa aquí.