Visita delegación de Camboia

Visita delegación de Camboia

Membros da Royal University of Fine Arts de Camboia – សាកលវិទ្យាល័យភូមិន្ទវិចិត្រសិល្បៈ visitan a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, no contexto do programa Erasmus que desenvolve o Consorcio ARTES.

Neste mesmo contexto terá lugar a charla de Fernando Poyatos Jiménez, docente da Universidade de Sevilla, pertencente tamén a C-ARTES.

Carmen Lorenzo, directora da Escola Superior de Conservación e Restauración de BBCC de Galicia e outros membros do Consorcio ARTES, visitaron Camboia para analizar vías de colaboración. Neste desplazamento Carmen Lorenzo tivo a posibildade de coñecer a Royal University of Fine Arts de Camboia – សាកលវិទ្យាល័យភូមិន្ទវិចិត្រសិល្បៈ e diversas institucións vinculadas á protección do patrimonio cultural, con fin de coñecer os seus estudos, instalacións e valorar as posibilidades de mobilidade para o noso alumnado.

O vindeiro 24 de abril recibiremos a visita dos nosos colegas de Camboia para coñecer as instalacións e comunidade académica da Escola, así coma para definir estratexias de colaboración.

A delegación de Camboia está formada pola Dra. Chandevy Men (Vice-Rector), o Dr. Sophady Heng (Acting Rector), D. Socheat Nhean (Academic Affairs Officer) e D. Chenda So (Dean of Faculty of Plastic Arts).

Deixa un comentario

Your email address will not be published.