Visita da Asociación “Orientados ao patrimonio cultural e a inclusión dende unha mirada europea” (OPTIME)

Visita da Asociación “Orientados ao patrimonio cultural e a inclusión dende unha mirada europea” (OPTIME)

Este mércores 27 de marzo a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia recibiu a visita da Asociación “Orientados ao patrimonio cultural e a inclusión dende unha mirada europea” (OPTIME), que nace co programa Erasmus + KA229 de Intercambio entre centros escolares.

Este proxecto ten carácter transnacional e está deseñado por catro centros escolares no marco do ET2020, o Ano Europeo de Patrimonio Cultural e a Declaración de París.

A asociación inclué catro institutos de España, Italia, Bulgaria e Austria: o IES de  Poio na localidade do mesmo nome, o Instituto Tecnico Statale Economico Raffaele Piria- Ferraris/ Da Empoli en Reggio Calabria, o Instituto Bilingüe Miguel de Cervantes en Sofía e o Bernoulligymnasium en Viena. O alumnado participante ten entre 15 e 18  anos.

obxectivo xeral do proxecto consiste en crear unha rede escolar de cooperación e intercambio de boas prácticas que permita desenvolver unha aprendizaxe baseada  en proxectos sobre o tema do patrimonio cultural europeo cun tratamento transversal da inclusión social.

Na Escola tiveron oportunidade de ver cómo os alumnos se forman na conservación restauración de bens culturais . O alumnado e profesorado do noso centro amosou os procesos nos que se está a traballar neste momento sobre patrimonio cultural real de distinta procedencia, e informaron sobre o estado das pezas, métodos diagnósticos, criterios de intervención e outras cuestións de interese sobre esta actividade.

cof

Deixa un comentario

Your email address will not be published.