Acceso

Home / Secretaría / Acceso

Requisitos de Acceso

Os requisitos de acceso á Escola están publicados na orde do 21 de novembro de 2016 (DOG 1/decembro/16). En calquera destes casos, haberá que superar unha proba específica de acceso.

  • Bacharelato

    Ter o título de bacharelato loxse ou equivalente

  • Proba Acceso Universidade +25 anos

    Ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos

Documentación necesaria

  • Solicitude debidamente cuberta (pódese descargar no botón, pero tamén pode obterse na secretaría da Escola)
  • Fotocopia do DNI
  • Pago de taxas (64€), cubrindo o impreso de liquidación de prezos públicos/privados, que se pode obter na secretaría da Escola e nas doutros centros de Ensinanzas Especiais (Conservatorios, Escolas Superiores de Deseño, ESAD ou Escolas de Idiomas)
  • Segundo os casos:
    • Título de Bacharel ou titulación equivalente
    • Certificación de ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos
    • Certificación de ter superada a proba de acceso ás ensinanzas artísticas superiores para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato.

(Os aspirantes que teñan pendente a superación da proba de acceso a estas ensinanzas para maiores de dezanove anos ou algunha materia do bacharelato, farano constar na solicitude, que queda condicionada a súa superación)

Poderán acceder ós estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, sen realizar a proba específica os aspirantes que estean en posesión dun título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño. A documentación exixida é:

  • Solicitude debidamente cuberta (vai ó final deste arquivo, pero tamén pode obterse na secretaría da Escola
  • Fotocopia do DNI
  • Certificación Académica
  • Fotocopia do título ou do xustificante de pago de taxas

(Os aspirantes que estean pendentes da avaliación do proxecto final para a obtención dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño na convocatoria de xuño, poderán igualmente formalizar a súa inscrición facéndoo constar na mesma)

Aqueles que teñan problema para vir a ESCRBCG a formalizar a inscripción, poderán facelo por correo, enviado o orixinal da solicitude e fotocopia compulsada do resto da documentación solicitada, antes debe poñerse en contacto coa secretaría para informarse (986-861251).

Sexa desta maneira ou obtendo o impreso noutro centro e efectuando o pago en calquer lugar, deberá enviarse copia do pagamento efectuado.

Acceso Directo

Poderá acceder directamente á Escola quen estea en posesión do título de técnico superior en artes plásticas e deseño

Nova titulación na mesma especialidade

Materias que debe cursar o alumnado que queira acadar a nova titulación na mesma especialidade

Consultar

Nova titulación noutra especialidade

Materias que debe cursar o alumnado que queira acadar a nova titulación noutra especialidade

Consultar

Información de Interese

Información xeral obre incorporación do alumnado que estea en posesión do Título de Conservación e Restauración de Bens Culturais

 

Consultar