Quinta Edición da Feira das Ensinanzas Artísticas e Profesionais

Quinta Edición da Feira das Ensinanzas Artísticas e Profesionais

A Quinta Edición da Feira das Ensinanzas Artísticas e Profesionais terá lugar o 25 e 26 de Marzo no Hall do Auditorio Mar de Vigo.

A Feira aberta ao público en xeral desenvolverase en horario de 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00. Esta nova edición conta coa colaboración do Concello de Vigo. Durante eses días as persoas que se acheguen poderán coñecer a oferta formativa da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.