Monte do Carrio
Monte do Carrio
Monte do Carrio
Monte do Carrio
Monte do Carrio

Monte do Carrio

O proxecto Monte do Carrio tiña como obxectivo a posta en valor dunha serie de elementos patrimoniais localizados en Monte do Carrio, Lalín. A través do estudo, documentación, diagnose e intervención de conservación pretendíase unha experiencia de traballo nun contexto real para o alumnado coa axuda do profesorado, a pesar de non tratarse dunha actividade propiamente académica (hai que lembrar que a intervención de campo tivo lugar a última semana do mes de xullo de 2017).

Fíxose a referencia xeográfica exacta dos petróglifos coñecidos e incluso se atoparon outros descoñecidos ata o momento. Levouse a cabo a catalogación dos non catalogados e, de todos eles, diagnose, intervención directa e diversas actividades de difusión realizadas en paralelo e durante o curso seguinte. Así mesmo, a experiencia deu lugar a traballos estritamente académicos de investigación, como son os Traballos de Fin de Estudos.

Hemeroteca 1

Hemeroteca 2

Hemeroteca 3

Hemeroteca 4

Deixa un comentario

O teu email non vai ser publicado