Prácticas Externas

Home / A Profesión / Prácticas / Prácticas Externas

Prácticas Externas

A ESCRBCG ofrece aos seus alumnos a posibilidade de realizar prácticas profesionalizantes en empresas, museos e outras entidades vinculadas ao patrimonio cultural, non só en Galicia senón tamén en España e no estranxeiro.

Para tal fin, a ESCRBCG asinou convenios de colaboración con gran número de institucións e empresas que facilitan a realización de prácticas formativas nos seus laboratorios e centros de traballo. Esas experiencias resultan enormemente enriquecedoras para o alumnado e con relativa frecuencia derivan en contratos de traballo.