Campañas da Escola

Home / A Profesión / Prácticas / Campañas da Escola

Campañas da Escola

Intentando coordinar aspectos docentes e de investigación, a Escola organiza campañas de traballo dirixidas por docentes e nas que o equipo de traballo está formado polo propio alumnado.

Estas campañas teñen o obvio interese de continuar o proceso formativo pero trasladando este a un contexto real, entorno moitas veces carente da comodidade do laboratorio e que esixe emprender un labor en condicións máis complexas e próximas á realidade do traballo profesional.

Na totalidade dos casos, o financiamento destas campañas provén de diñeiro público achegado por institucións como a Xunta, Universidades, etc.

O compoñente investigador de moitas destas campañas explica que con frecuencia cristalicen en publicacións de carácter científico.