Project Category: Pintura

Home / Pintura
San Xerónimo penitente

San Xerónimo penitente

Óleo sobre tea onde aparece a figura semiespida dun San Xerónimo penitente no deserto cos seus característicos atributos, como a caveira, a pedra e a tea que cobre súa nudez. Procede do Mosteiro de Vilanova de Lourenzá, Lugo. Tratamentos: limpeza superficial; desmontaxe do bastidor; reforzo de bordos; novo bastidor (tratado); fixación; limpeza de verniz; estucado; reintegración; vernizado; tratamento do marco.

San Bieito de Nursia

San Bieito de Nursia

Óleo sobre táboa de castiñeiro, rematada en arco de medio punto, que representa a San Bieito de Nursia. Procede de San Martín Pinario.Tratamentos realizados: empapelado de protección; desinsectación; limpeza; consolidación; fixación; estucado; reintegración matérica e cromática; vernizado; montaxe no marco.