Escola

Home / Escola

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia é un centro oficial superior dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, e o único nesta comunidade que imparte o Título de Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais na especialidade que corresponda, que será equivalente, a todos os efectos, ó título universitario de Grao.

É o segundo centro máis antigo de España na formación en conservación e restauración

A creación da ESCRBCG data de 1991 co Decreto 352/1991 de 17 de outubro (DOG do 24 outubro) e nela son impartidas as especialidades de conservación e restauración de arqueoloxía, escultura e pintura.

A escola non só pretende impartir un ensino de calidade, senón abrir as portas do mercado profesional ao alumnado mediante prácticas de traballo, sempre coa maior amplitude xeográfica posible. Así mesmo ambiciona constituír un referente nas disciplinas da conservación, tanto a nivel docente como investigador. En última instancia, en tanto que profesionais vinculados ao Patrimonio Cultural, persegue a súa promoción, defensa e recoñecemento.

Localización da Escola

A Escola de Conservación de Galicia localízase en Pontevedra, compartindo edificio coa Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.