Erasmus+

Home / Erasmus+

A Política de Erasmus na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

Na Escola Superior de Conservación-Restauración de Bens Culturais de Galicia (ESCRBCG) consideramos que a formación de Conservadores non se limita ás actividades formativas convencionais.

A formación do futuro profesional tamén abrangue as competencias básicas, entre as que se recoñecen valores como a tolerancia, o respecto da diferencia e a capacidade de resolución de situacións complexas e mesmo de conflictos. Nese sentido, a participación no programa ERASMUS+ é para nós fundamental para a formación do alumnado e do profesorado.

Carta Erasmus para Educación Superior

En consecuencia, queremos agora dar un impulso definitivo á internacionalización das actividades académicas e formativas, nas que debería participar no só o alumnado senon, de igual modo, o profesorado. A garantía da calidade e a excelencia que esta Escola pretende acadar pasa por ese obxectivo ineludible.

A ESCRBCG é o único centro formativo en Conservación-Restauración na Comunidade Autónoma de Galicia. Convertido nun centro moi importante nesa Comunidade e sendo en moitos aspectos un referente español, desexamos agora ampliar ese nivel de recoñecemento ao ámbito internacional.